Democracia Directa Digital en la revista gallega Tempos Novos

Democracia Directa Digital en la revista gallega Tempos Novos

En el número 144 de la revista gallega Tempos Novos que se ha publicado esta semana, aparece una entrevista que me hicieron y en la que entre otras cuestiones explico en qué consiste D3 y nuestra estrategia del «caballo de Troya».

Copio a continuación a parte da entrevista (que me realizou a xornalista e actriz Comba Campoi):

Tamén participas en distintas iniciativas pola Democracia Directa e a eliminación dos partidos políticos.

Non se trata exactamente de eliminar os partidos, senón de retiralos da súa función de intermediadores nos poderes executivo e lexislativo, porque despois de dous séculos de democracia “representativa” a tecnoloxía faina innecesaria. De feito, agora son un atranco que impide que a cidadanía exerza a súa soberanía. Cando cada cidadá/n ten un teléfono celular ou unha conexión a Internet non se xustifica que a nosa capacidade de intervención política se limite a escoller entre sota-cabalo-rei cada catro anos. A evolución partidocrática en Galiza e en Euskadi vai desde logo no sentido oposto a esta recuperación da soberanía, sobre todo no caso vasco, onde se elimina de facto o dereito a voto dunha boa parte da poboación. E temo que isto empeore se non viramos a cousa desde abaixo. A proposta de Democracia Directa Dixital (D3) vai nese sentido: visibilizar que o que temos non é unha verdadeira democracia e comezar a mudalo radicalmente desde dentro, coa estratexia do “cabalo de Troia”.

En que consiste esa estratexia?

En introducir no sistema representativo un partido que non teña máis programa que aquelo que os cidadáns decidan en cada momento. Un representante que vota e propón no parlamento (ou no concello) non o que a elite do capitalismo ou a cúpula do seu partido lle ordea, se non o que a cidadanía lle indica por medio de diversos medios ao alcance de todos: Internet, telefonía móbil, TDT, cabinas de votación públicas, etc. Cando ese (anti)partido demostre que iso é posible… Como van seguir defendendo os demais partidos que son eles quen representan a vontade do pobo? Esa é a visión dos que defendemos «inocular» a Democracia Directa nos parlamentos. En diferentes partes do mundo cada vez máis xente está a cuestionar isto, como consecuencia da ubicuidade da telemática e da fonda asimilación dos seus usos sociais. Se a estas alturas non esteamos usando Internet para tomar decisións ás que temos dereito como soberanos, é porque aos políticos non lles interesa ceder o poder ao pobo ao que din representar.

Sobre el Autor

Digital2 es miembro fundador de D3.