Precedentes históricos de la Democracia Directa en Galicia, según Castelao

Reproduzco un fragmento de Sempre en Galiza, la obra política de referencia del galleguista histórico Afonso Daniel Rodríguez Castelao, en el que menciona lo que a su entender fue un acto de democracia directa, con repercusiones importantísimas en la vida social y política de la Galicia actual.

A simple confección do Estatuto galego sería de abondo para gañarmos a vontade dun Goberno verdadeiramente democrático. O anteproiecto que redactaran os técnicos e que someteran a información pública, foi intervido polos Concellos municipaes, polos Partidos políticos, polas Cámaras de Comercio, polas Sociedades Económicas, polos Colexios de Avogados, pola Universidade compostelán, a Academia Galega e o Seminario de Estudos Galegos, polas Sociedades agrarias, polas Asociacións de traballadores, etc., etc. Na Asambleia en que se discuteu o Estatuto calquera cidadán galego tiña voz. As portas do salón de sesións estaban abertas, e o pobo fixo de xuez, manifestándose directamente a favor ou en contra dos oradores. Por meio da radio e valéndose de outavoces, instaladas nas rúas, o pobo galego asisteu, durante tres días, ás deliberacións daquela magna Asambleia. A sesión de clausura transmiteuse, por fío telefónico, aos nosos emigrados de América. Este acto insólito, modelo único de democracia directa, produxo unha eclosión indescriptible da vontade galega; (…)

Sobre el Autor

Digital2 es miembro fundador de D3.