Interesante reflexión de Antón Dobao (creo que se entenderá sin necesidad de traducir):
Hai información ou desinformación?
A información convencional é o resultado dunha intervención dos informadores nos acontecementos, unha selección da realidade nunca inocente. Aos usuarios dos medios de comunicación chéganos convenientemente filtrada e axeitada unha parte pequena da realidade, dos acontecementos que a configuran. O resto de acontecementos e de realidades desaparecen nas sombras. Podémoslle chamar a iso desinformación? Non o sei. O caso é que toda información implica unha comunicación sen resposta e unha intervención, unha manipulación da realidade. O importante é trasler as informacións dos medios convencionais, non lexitimar unha caste superior investida da capacidade de interpretar a realidade por nós, socializar o dereito á liberdade de expresión e de opinión que só poden exercer en exclusiva empresas de comunicación e xornalistas de elite. A alternativa é unha comunicación masiva diferente, non unidireccional, participativa, libre, non sometida ao imperio do lucro privado. Hai ensaios, é posible.